Nela do Finchal. As cociñas de antes. Carnota

Tivemos o privilexio de visitar a casa de Nela do Finchal en Lariño (Carnota), que data do 1813. Nela quixo conservar a súa cociña tal e como era naqueles tempos, e explícanos para qué se utilizaba cada recuncho e cada aparello.

Lola de Alberte. O Contrabando. Carnota

Lola fálanos de cando ían pasear de noite dende o Pindo ata Caldebarcos, na época de maior contrabando nas costas galegas. Teñen pasado algún apuro, xa que à xente que participaba nas descargas non lles gustaba nada velas por alí..

Marilola. O zapateiro. Carnota

Marilola fálanos do seu sogro Ramón, o zapateiro de Quilmas, moi boa persoa e moi ocorrente. Na súa casa xuntábanse moitos veciños de Quilmas e Pindo, cando chegaban de traballar, para escoitar as súas coplas.

María da Paloma. A mexilla. Carnota

María relata como era a recolección da mexilla, tanto en barco como polas rochas arredor do Porto do Pindo.

Olga. O argazo como esterco. Carnota

Olga e as súas compañeiras recollían o argazo no Pindo para botarlle ás terras antes de sementalas.

Fina e Maruja. O troco. Carnota

Fina e Maruja conversan de como funcionaba o intercambio de produto entre a xente do mar e a que cultivaba as terras.

Fina da Paradexa. Os túneles de Ézaro. Carnota

Fina, de moza, traballou na construcción dos túneles da fábrica hidroeléctrica de Ézaro, carretando material.

Consuelo e Maruja. Salazón de Quintana e fábrica de Cerdeiras. Carnota

Consuelo e Maruja traballaron na fábrica de Cerdeiras. Cando había que cargar coas caixas de sardiñas dende o Muelle do Pindo, non había diferenza entre a forza de homes e mulleres.

Maruja. A mariñeira. Carnota

Maruja fálanos, chea de orgullo, da súa nai Magdalena a Mariñeira, que mantivo os seus sete fillos e ó seu marido saíndo a pescar no bote e vendendo o peixe polas aldeas.

Manuela. O bar de Palmira. Carnota

Manuela fálanos das anécdotas que pasaban no Bar de Palmira, a súa sogra, cando viñan os homes do mar, e incluso se anima a botarnos algunha cantarea daqueles tempos. Hoxe en día, este é o Bar de Augusto, o fillo de Palmira, e consérvase igualiño que daquela.

Carmen da Pola. A Cetárea. Carnota

Carmen, xunto a outra socia, xestionaron unha cetárea e Lira durante 40 anos. Elas mercaban, vendían e transportaban o produto por todo o territorio.

Manuela. Pesca das sollas. Carnota

Manuela cóntanos como pescaba sollas en Boca do río en Carnota.

Celina. O Lagar. Dumbría

Cando non había conxeladores nos fogares, un xeito de conservar o peixe cando había excedente, era salándoos nos lagares. Celina contóunolo a carón dun deles, que se atopa na praia de Ézaro.

Lela da Corte. As toradas. Dumbría

Lela cóntanos, cunha pincelada de humor, que as mulleres eran as que carrexaban as toradas de madeira dende as montañas ata os serradoiros da costa.

Lela e Celina. O canal de Santa Uxía. Dumbría

Tanto Lela como Celina carrexaron cemento e area dende o Canal de Santa Uxía ata as Teixoeiras. Tamén tiveron que presenciar mortes por derrubamentos, por explosións de barrenos, e por silicose.

Celina e Lela. A Arte. Dumbría

Celina e Lela fálannos da Arte, unha técnica de pesca tradicional na que as mulleres tiñan un gran protagonismo. As dúas tiraron da Arte na praia de Ézaro cando eran novas.

Celina. O Funicular. Dumbría

Celina cóntanos que nos tempos da construcción dos túneles da central hidroeléctrica do Ézaro, existía un funicular para transportar os materiais dende o Coadoiro ata a Pedra da Folga. En ocasións, ela tamén montaba para ir buscar pólvora á fábrica.

María Luisa. O barqueiro e a ponte do Ézaro. Dumbría

María Luisa comparte os recordos sobre o barqueiro e a posterior construción da ponte do Ézaro.

Alejandro. Construción de barcos. Ézaro-Dumbría

Alejandro cóntanos a evolución da construción de embarcacións de pesca en Ézaro.

Mª Luisa, Mª Genoveva e Alejandro. Redes e Velas. Ézaro-Dumbría

Un lugar para un recordo colectivo sobre o lugar onde se poñían a secar as redes e as velas, que se impermeabilizaban con aceite de liñaza.

María Genoveva. Lavado e secado da roupa. Ézaro-Dumbría

En Ézaro é coñecida como Marisol. Ela cóntanos onde se lavaba e como secaban a roupa aproveitando o calor das máquinas da fábrica hidroeléctrica.

Dolores. A escola, o lavadoiro e a praia. Fisterra

Acompañamos a Dolores a Suarriba (Fisterra) para que nos ensinara como era a escola cando ela era nena, e o lavadoiro onde lavaba. Tamén nos conta que, aínda vivindo a carón do mar, foi á praia por primera vez coa súa neta.

Antonio de Oliva. A solidariedade dun pobo. Fisterra

Cando Antonio tiña 13 anos, vivía nunha casa de aluguer coa súa nai e os seus irmáns, pero a casa ardeu xunto cos cartos que tiñan aforrados para mercala.
Antonio recorda e agradece a solidariedade da xente de Fisterra, que se volcou para axudalos a saír adiante.

Marisol. Redeira. Fisterra

Con Marisol adentrámonos nos seus recordos de redeira dende o choio de Olegario.

Alicia. Mergullo. Fisterra

Alicia tiña que roubarlle as gafas de mergullo a seu irmán Fernando. Hoxe ten unha empresa de mergullo en Fisterra.

Conchita. O encascado. Fisterra

Conchita cóntanos o proceso de encascar as redes para unha mellor conservación.

Elena. Argazo. Fisterra

Elena cóntanos como ía coller o argazo coa súa irmá e unha amiga, sendo moi pequenas, bogando pola costa nunha chalana dende a praia do Almacén.

Marichelo Ferretería Fisterra

Marichelo fàlanos, na ferretería do seu pai Juan de Xacobo, de toda a variedade de produto que se ofrecía cando ela era unha rapaza.

Rosa. A Cruz de baixar. Fisterra

Rosa fálanos dende a Cruz de baixar, un dos lugares que tiñan para o descanso, das viaxes da súa nai ás aldeas para vender mercancía.

Maruja. Marisqueo. Fisterra

Maruja fálanos de cando se fixo profesional do marisqueo, e do mal que o pasou cando tivo que vixiar o furtivismo en Sardiñeiro.

Evangelina. Nasas. Fisterra

Evangelina cóntanos que ela era a encargada de vestir as nasas que facía o seu marido, e despois iba no barco con él a largalas e a recollelas.

María. Traballo no faro. Fisterra

María, como outras rapazas de Fisterra, traballaban para as familias dos torreiros que vivían no faro. Cada día percorría o traxecto de Fisterra ao faro, carrexando os produtos que lle encargaban o torreiro e a súa muller, dos que garda gratos recordos.

Maruja. O traballo na fábrica de conservas. Fisterra

Maruja cóntanos cómo era o traballo na fábrica de conservas de Sardiñeiro

Fina. Venta de peixe. Fisterra

Fina cóntanos como vendía o peixe en Fisterra, na Praza do campo.

Rosita. Baile de Corea. Fisterra

Rosita fálanos de cómo se divertían no Baile de Corea cando eran mozas.

Marisol. Pesca do calamar. Fisterra

Marisol cóntanos como aprendeu a pescar calamar no porto de Sardiñeiro.

2020 © Tecnoenredo SL

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies