QUE SON?

As audioguías son unha invitación a realizar un paseo audioguiado a través de relatos ficcionados e teatralizados, sempre ligados aos espazos polos que discorre o paseo, posibilitando unha inmersión emocional na paisaxe, nas voces e nas historias locais.

QUEN PODE REALIZAR O PASEO?

O paseo pódese facer en grupos pequenos, en parella ou individualmente.

COMO FUNCIONAN?

Adquire os auriculares necesarios para o paseo e, unha vez postos, segue as indicacións que están gravadas e comeza a andar!

ONDE SE CONSEGUEN?

Nos puntos de información municipal indicados para cada concello. Pódense adquirir sen concertar cita previa pero, para asegurar a súa dispoñibilidade, recomendamos solicitar a reserva a través do formulario.

PREZO

Tarifa Básica: 3 €

(Visitantes que non podan beneficiarse da tarifa reducida).

Tarifa Reducida: 2 €

Centro escolar

Tarxeta desconto dos establecementos

Poboación local

Queres coñecer as audioguías?

Se non podes aguantar a vivilas no paseo, deixamos aquí un anaco dos audios, aínda que a nosa recomendación é convidarte a que te achegues a coñecelas

Carnota

Dumbría

Fisterra

2020 © Tecnoenredo SL

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies